Con grande satisfacción o pasado venres 5 de decembro tivemos o orgullo de inaugurar a sede de Alumni USC no Campus de Lugo, un espazo que promete ser un punto de encontro fundamental para os antigos alumnos da universidade, e nomear a o noso vogal José Antonio Pardiñas como delegado da no asociación no Campus Terra, grazas ó esforzo de de moitos é en particular da directora, Rosa Romero da EPSE que habilitounos un espazo para nosa delegación. Este novo centro, situado no corazón do campus, reflicte o crecemento e a evolución da institución, ao tempo que ofrece ás e aos antigos estudantes unha base dende a que continuar a súa vinculación coa universidade.
Contamos ca participación da delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López Mosquera. A sesión que se desenvolveu na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría contou tamén coas intervencións de Eva López Barrio, presidenta de Alumni USC; Rosa Romero Franco, directora da EPSE; Oscar M. Lorenzo e Ramón Álvarez, en representación do Consello Social da USC, alumnis e alumnos da USC. O profesor e alumni Carlos Herrero Latorre pronunciou o relatorio ‘Que é Alumni, o seu futuro”.

