O café Casino de Santiago recolle a mostra de Alumni USC sobre o Camino de Inverno

O Café Casino acolle este mes de maio una selección do proxecto fotográfico impulsado por Alumni USC e patrocinado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Son unhas 20 imaxes saídas do obxetivo de José Manuel Ortigueira as que abren panorámicas paisaxísticas e monumentais, coma os Escolapios de Monforte de Lemos, coñecido como o Escorial gallego. Pero o singular desta mostra, que estivo completa o ano pasado no hotel Oca Porta do Camiño —aínda que apenas se puido ver polos peches pandémicos—, son os retratos das «heroíñas e anfitrións» que viven e traballan en plena ruta xacobea. Entre outros, aí están os presidentes das entidades comarcais que velan polo Camiño, á sazón, Saturnino Astandoa (Bierzo), Asun Arias e Ramón García (Valdeorras), e Aida Menéndez (Lemos), así como Ramón Vila (director do Museo Etnográfico de Quiroga), Susana García (hosteleira da casa rural Torre Vilariño) ou Daniela Vázquez (guía do Ecomuseo Pazo de Arxeriz). Tamén aparecen un par de santiagueses: Francisco Javier Almuíña (afincado na Ribeira Sacra como guía e titular de Casa Romualdo) e José Rúa (coronel retirado que fixo a pé 14 veces este itinerario xacobeo).

A colaboración entre Alumni USC —presidida por Benita Silva—, e a Asociación Cultural Casino de Santiago —por Ubaldo Rueda— permitiron achegar o evento ao centro da cidade.