Retomamos as actividades cun recordo para os que nos deixaron

Agora que comeza a “nova normalidade” imos reiniciar as nosas actividades: unha nova etapa do Camiño de Inverno, a reapertura da exposición fotográfica deste proxecto, a mesa redonda “O mecenado na investigación universitaria” e pronto celebraremos a Asemblea xeral ordinaria.

Isto supón unha gran satisfacción para nós, pero a alegría queda ensombrecida polo recordo dos que nos deixaron, vítimas inocentes da devastadora pandemia Covid-19. Desde a Alumni USC queremos manifestar o noso fondo pesar e o noso afecto ás familias e amigos/as que están a sufrir a  perda dalgún ser querido.