Visita guiada ao Centro de Investigación Mestrelab

O martes 27 de maio, un grupo de socias e socios de Alumni USC xunto cun grupo de estudantes de IV Ciclo visitaron o Centro de Investigación Mestrelab en Santiago.

Pablo A. Freire, Cim Director & Institution Relationships, acompaño ao grupo durante a visita. Por parte de Alumni USC acudiron á cita os directivos Carme Casado e José A. Pardiñas.

Os asistentes á visita poideron desfrutar das explicacións de Pablo A. Freire e admirar o traballo que se realiza día a día no centro.