A capital lucense acolleu o 10 de xuño a visita dos socios de Alumni USC. Á súa chegada desfrutaron de tempo libre para visitar os lugares arquitectónicos máis emblemáticos da cidade, como a Muralla romana, a Catedral ou a Domus do Mitreo.
Mentras tanto, os membros da directiva de Alumni USC reuníronse con Francisco J. Fraga López, vicerreitor da USC no Campus de Lugo.
Posteriormente foron xantar ao Polígono do Ceao, a poucos quilómetros do centro da capital.

Despois da comida, os socios realizaron unha visita guiada polas instalacións da empresa Norvento Enerxía, que aposta polo deseño e execución de fórmulas de enerxía renovables, como a eólica ou a hidráulica. Tamén estivo presente D. Carlos Baliñas, quen aos seus 91 anos demostrou estar en plena forma tras un paseo polos muíños eólicos. Tamén visitaron as termas romanas do Miño, acompañados polo director do Balneario, Antonio Garaloces.
O descanso no Balneario de Lugo foi breve, xa que voltaron a Compostela cara o final da tarde.
Os socios ao pé dun dos muíños eólicos. No centro, Carlos Baliñas (Cerdedo-Cotobade, 1930)

- Presentación do último libro do Prof. José C. Bermejo Barrera
- Alumni USC presente no encontro empresarial “Santiago en vivo” na Alameda de Santiago de Compostela
- Club de sendeirismo- ruta do 31 de maio
- Visita guiada ao Centro de Investigación Mestrelab
- Conferencia do expresidente da Xunta de Galicia, Don Emilio Pérez Touriño