Gradúase a primeira promoción do Grao de Biotecnoloxía

O acto celebrouse o 10 de xuño na Aula Magna da Facultade de Bioloxía. Os novos graduados foron recibidos polo reitor da USC, D. Antonio López Díaz, tras o cal interviron os representantes da promoción, así coma os padriños Ana Mª Otero Casal e Carlos Rodríguez Osorio.

Tras a entrega da distinción aos novos graduados, interviron a representante de Alumni USC, Loreto Fernández Fernández, e o decano da Facultade de Bioloxía, Jesús Ángel López Romalde.