A capital lucense acolleu o 10 de xuño a visita dos socios de Alumni USC. Á súa chegada desfrutaron de tempo libre para visitar os lugares arquitectónicos máis emblemáticos da cidade, como a Muralla romana, a Catedral ou a Domus do Mitreo.
Mentras tanto, os membros da directiva de Alumni USC reuníronse con Francisco J. Fraga López, vicerreitor da USC no Campus de Lugo.
Posteriormente foron xantar ao Polígono do Ceao, a poucos quilómetros do centro da capital.

Despois da comida, os socios realizaron unha visita guiada polas instalacións da empresa Norvento Enerxía, que aposta polo deseño e execución de fórmulas de enerxía renovables, como a eólica ou a hidráulica. Tamén estivo presente D. Carlos Baliñas, quen aos seus 91 anos demostrou estar en plena forma tras un paseo polos muíños eólicos. Tamén visitaron as termas romanas do Miño, acompañados polo director do Balneario, Antonio Garaloces.
O descanso no Balneario de Lugo foi breve, xa que voltaron a Compostela cara o final da tarde.

Os socios ao pé dun dos muíños eólicos. No centro, Carlos Baliñas (Cerdedo-Cotobade, 1930)

- O Club de Sendeirismo de Alumni despide a tempada cunha comida campestre no Xirimbao
- O Camiño Taverneiro despide a tempada cunha espectacular etapa entre A Estrada e o Xirimbao
- A vicepresidenta de Alumni USC asiste ao nomeamento de Isabel Perelló como membro de honra de IURISGAMA
- Medio século despois, a promoción de Maxisterio volve reunirse na USC
- Reunión de Alumni ES e Alumni USC coa reitora para avanzar na organización do 30º Congreso Alumni