1ª Carreira virtual solidaria a favor da Asociación PALUSO

Os  días 27 e 28 de febreiro Alumni USC celebrou unha nova actividade adaptada aos tempos que corren: a 1ª Carreira pedestre virtual solidaria, a través da aplicación rockthesport  www.rockthesport.com/evento/alumni-usc 

O prezo simbólico da inscrición foi de 3€ por persoa, e todo o recadado  destinase á Asociación PALUSO para a compra de alimentos que esta asociación fará chegar a  persoas necesitadas.

Cada quen podía saír a correr a distancia establecida de 5 km e a aplicación rexistraba o tempo empregado.

A iniciativa tivo un notable éxito, participaron 118  persoas e recadáronse 354 euros.

Moitas grazas a todos/as os/as participantes e parabéns aos/ás gañadores/as !!!