Entrega de medallas da 1ª Carreira virtual solidaria

O 17 de marzo celebramos o acto de entrega das medallas aos gañadores da Carreira virtual solidaria a favor da Asociación Paluso que contou cunha ampla participación de xente moza.

As persoas clasificadas nos primeiros postos foron:

Categoría feminina:

1)            Medalla de ouro: Mariam Ferrán Fraga

2)            Medalla de prata: Antía Collazo Ferradáns

3)            Medalla de bronce: Chus Rodríguez Fraga

As gañadoras das medalas de prata e bronce non puideron asistir ao acto por encontrarse fora. Se lles mandou a medalla e remitíronnos unha foto con ela.

Categoría masculina:

1)            Medalla de ouro: Adrián Dios Vicente

2)            Medalla de prata: José Rodríguez Rey

3)            Medalla de bronce: Gustavo Noya Pena

De esquerda á dereita: Mariam Ferrán, Adrián Dios, Benita Silva, presidenta de Alumni USC, José Rodríguez, Gustavo Noya e Óscar Páramo, bolseiro en prácticas que organizou a carreira.

Foi un acto entrañable no que estiveron presentes Chus Iglesias da asociación Paluso e Oscar Páramo que foi alumno de prácticas en Alumni USC e colaborou de xeito fundamental na organización da carreira.

Confiamos que o vindeiro ano podamos organizar outra carreira solidaria dado que a iniciativa tivo gran éxito.