Entrega do recadado na 1ª Carreira virtual solidaria á Asociación PALUSO

O 17 de marzo acompañamos a Chus Iglesias a comprar alimentos co diñeiro recadado na 1ª Carreira virtual solidaria a favor da Asociación PALUSO que dirixe xunto ao seu marido Serafín Varela.

De esquerda á dereita: Mariam Ferrán, Adrián Dios, Chus Iglesias, directiva de PALUSO, Benita Silva, presidenta de Alumni USC, José Rodríguez, Gustavo Noya e Óscar Páramo, bolseiro en prácticas que organizou a carreira.

O total recadado foron 354 € que gastamos en alimentos básicos que Chus foi seleccionando no supermercado.

Benita Silva e Chus Iglesias