O Club de Sendeirismo de Alumni despide a tempada cunha comida campestre no Xirimbao

A Área Recreativa do Xirimbao foi, o pasado sábado 27 de xuño, o escenario da comida campestre coa que o Club de Sendeirismo de Alumni puxo o broche final á tempada de sendeirismo e ao curso de actividades.

A xornada, celebrada tras completar a oitava etapa do Camiño Taverneiro, reuniu a máis de sesenta persoas entre asociados e amigos nun ambiente de convivencia e celebración, reflectindo o espírito de compañeirismo que caracteriza esta iniciativa.

No encontro participaron a presidenta de Alumni, Eva López Barrio; a vicepresidenta, Luisa Rivas García; e a reitora, Rosa Crujeiras, quen quixo saudar aos asistentes e agradecerlles a súa participación e compromiso ao longo de toda a tempada.

Con esta xornada de convivencia, o Club de Sendeirismo despídese ata o vindeiro mes de setembro, cando retomará a súa programación con novas rutas para seguir descubrindo o patrimonio, a natureza e os camiños de Galicia.