O Camiño Taverneiro despide a tempada cunha espectacular etapa entre A Estrada e o Xirimbao

Santiago,27/06/26. O Camiño Taverneiro celebrou a súa oitava etapa cun percorrido especial entre A Estrada e a Área Recreativa do Xirimbao, unha modificación da ruta inicialmente prevista que permitirá compartir a tradicional comida de fin de tempada sen renunciar a un dos tramos máis fermosos do Camiño.

A etapa, cunha distancia de 15 quilómetros, e unha duración aproximada de catro horas e dificultade baixa. Tratouse dun percorrido maioritariamente descendente que combinou sendeiros e pequenos tramos de asfalto, atravesando fragas, aldeas e paisaxes de gran beleza.

O principal atractivo desta edición foron os últimos quilómetros entre Pontevea e o Xirimbao, un agradable paseo á beira do río Ulla que remata cruzando a espectacular pasarela do Xirimbao, un dos espazos naturais máis destacados da comarca.

Con esta etapa, o Camiño Taverneiro pon o broche final á tempada cunha xornada na que natureza, patrimonio, convivencia e gastronomía volverán ser os grandes protagonistas.

Agora tócalles un merecido descanso aos sendeiristas, aínda que xa teñen a vista posta nas próximas rutas, que regresarán alá por setembro. Bo verán!