Vodas de prata do ano 2018

Facultade de Medicina

O 27 de outubro celebráronse en Santiago de Compostela as Vodas de Prata da promoción de 1987-1993 de Medicina. No acto participou o decano, Julián Álvarez Escudero, e en representación do alumnado da promoción asistiron Inmaculada Rodríguez Calvo e Manuel Antonio López Rodríguez. En representación de Alumni USC, asistiu a vicepresidenta Julia Melgar.