O pasado 11 e 12 de Abril, tivo lugar o Encontro Internacional de Novos Emprendedores 2024 (EIJEE) na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur de Santiago de Compostela, á cal Alumni USC tivo o pracer de asistir. Na primeira foto: Eva López, presidenta de Alumni USC, Mar Lorenzo Decana da Facultade, Loreto Fernández, directiva de Alumni USC e Manuel Vilariño, estudante en prácticas.
O EIJEE é un proxecto colaborativo nado en 2014 grazas á Escola Superior de Ciencias Empresariais (ESCE), o Instituto Superior Politécnico de Viana do Castelo (IPVC) e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Esta décima edición do EIJEE estivo dedicada á sostenibilidade no emprendemento, o impacto social e ambiental nos negocios.
![](https://www.alumniusc.gal/wp-content/uploads/2024/04/Eva-Lopez-Mar-Lorenzo-Loreto-Fernandez-e-Manuel-Vilarino-1.jpg)
![](https://www.alumniusc.gal/wp-content/uploads/2024/04/IMG-20240412-WA0013-1.jpg)
![](https://www.alumniusc.gal/wp-content/uploads/2024/04/IMG-20240415-WA0000.jpg)