O pasado 6 de Abril o Club de Sendeirismo volveu ás andadas cunha ruta de 14 quilómetros.
Os valentes sendeiristas, que non se deixaron amedrentar polas condicións meteorolóxicas, saíron antes das 9:00 de Santiago para comezar o percorrido na Ruta do Río Chanca. Tras 7 quilómetros recorridos e unha visita ao magnífico Mosteiro de Armenteira, continuaron pola Ruta da Pedra e da Auga, rematando o percorrido á hora de xantar no Restaurante Os Castaños.
Tras unha boa comida para repoñer forzas, os sendeiristas puideron deleitarse coa visita ao Pazo da Saleta, un precioso xardín botánico integrado na Ruta da Camelia