Conversa con Maricarmen Guisán Seijas

Onte, Martes 16 de Abril de 2024, tivo lugar a Conversa con Maricarmen Guisán Seijas, ex-docente da USC, conducida por Carme Casado Casado, Secretaria da Xunta Directiva de Alumni USC.

A antiga profesora da Universidade de Santiago de Compostela, quen é unha das economistas españolas máis influentes de España, compartiu información sobre a súa impresionante carreira e os logros como muller no ámbito económico; sendo tan só 25 mulleres, fronte a 500 homes, na súa promoción (1965-1970), logrou ter un dos mellores expedientes, ademais de chegar a ser a primeira Doutora, e posteriormente Catedrática, de Economía en Galicia.

Maricarmen falounos do seu traballo con revistas e blogs de divulgación sobre economía, das dificultades coma muller que atopou no seu ámbito de estudio, dos seus momentos destacados na súa carreira profesional ou do ámbito do teletraballo dende unha perspectiva tanto económica coma social entre outros temas.

Na foto da portada (de esquerda a dereita): Pilar Expósito Díaz, profesora da Facultade de Ciencias Económicas, Maricarmen Guisán Seijas e Carme Casado Casado.