Reunión coa Asociación COPEGAL

O pasado xoves, 18 de abril de 2024, a presidenta de Alumni USC, Eva López, xunto coa vicepresidenta, Luisa Rivas, asistiron á unha reunión con Paula Suárez, presidenta da Asociación COPEGAL (Asociación a prol da creación do Colexio Oficial de Pedagoxía e Psicopedagoxía de Galicia) e con Lely Vizoso, secretaria de COPEGAL.

Na reunión acordouse unha colaboración entre ambas asociacións no futuro II Congreso COPEGAL, que se celebrará o próximo 8 de maio na Facultade de Ciencias da Educación do Campur Sur-Vida da USC. Esta reunión dedicará as primeiras horas da mañá a charlas e obradoiros de orientación laboral, reservando as actividades de orientación escolar a partir do mediodía, xunto coa entrega do Recoñecemento Profesional COPEGAL

Ademais, ambas asociacións acordaron futuras colaboracións, sempre relacionadas con temas relacionados coa educación: dende a visibilización da muller no ámbito educativo ata xornadas relacionadas coa educación tecnolóxica e profesional.