3ª Carreira Virtual Solidaria Alumni USC – en favor de Cáritas Interparroquial de Santiago

O fin de semana do 22 ao 23 de abril, Alumni USC porá en marcha a terceira edición da súa Carreira Virtual Solidaria, novamente a través da plataforma RockTheSport.

As inscricións estarán abertas dende o día 1 ata o 20 de abril, e poderán realizarse na web de RockTheSport accedendo ao seguinte enlace: https://www.rockthesport.com/es/evento/3-carreira-virtual-solidaria-alumniusc

O prezo da cuota ordinaria para a inscrición será de 5€, e no caso de ser estudante da USC, a tarifa será de 3€. Para aquelas persoas que queiran aportar unha maior cantidade, existirá un apartado de doazóns para que cada quen poida elixir contribuír coa cifra desexada.

Todo o diñeiro recadado mediante as inscricións será destinado este ano a Cáritas Interparroquial de Santiago, causa á que Alumni USC xa apoiou noutras iniciativas.

A carreira deberá ser de 5 km a correr ou camiñar no lugar e no momento que cada un prefira, dentro da fin de semana do 22 ao 23 de abril. Para poder completala fará falta descargar a aplicación RockTheSport, que encargarase de rexistrar os pasos realizados.

Animádevos a participar!!