Club de sendeirismo – Derradeira etapa do Camiño Inglés: Sigüeiro (Oroso) – Santiago

O sábado 11, tal e como estaba programado, fixemos a derradeira etapa do Camiño Inglés.

Saímos de Sigüeiro (capital do concello de Oroso) e xa en Marantes -que grande é o concello de Santiago!- houbo que abrir o paraugas.

Por Formarís, xa queda menos.

E na rúa Carretas… a Compostela!!

Para rematar, fascinante, entrañable e marabillosa a visita ao Museo de Historia Natural, guiados polo seu director Marcos González e a súa netiña.

Somos afortunados.

Estamos (seguimos) no bo Camiño!