A capital lucense acolleu o 10 de xuño a visita dos socios de Alumni USC. Á súa chegada desfrutaron de tempo libre para visitar os lugares arquitectónicos máis emblemáticos da cidade, como a Muralla romana, a Catedral ou a Domus do Mitreo.
Mentras tanto, os membros da directiva de Alumni USC reuníronse con Francisco J. Fraga López, vicerreitor da USC no Campus de Lugo.
Posteriormente foron xantar ao Polígono do Ceao, a poucos quilómetros do centro da capital.

Despois da comida, os socios realizaron unha visita guiada polas instalacións da empresa Norvento Enerxía, que aposta polo deseño e execución de fórmulas de enerxía renovables, como a eólica ou a hidráulica. Tamén estivo presente D. Carlos Baliñas, quen aos seus 91 anos demostrou estar en plena forma tras un paseo polos muíños eólicos. Tamén visitaron as termas romanas do Miño, acompañados polo director do Balneario, Antonio Garaloces.
O descanso no Balneario de Lugo foi breve, xa que voltaron a Compostela cara o final da tarde.

Os socios ao pé dun dos muíños eólicos. No centro, Carlos Baliñas (Cerdedo-Cotobade, 1930)

- Falece Xesús Alonso Montero, mestre de mestres da lingua galega
- Eva López e Modesto Gómez presentan o 30.º Encontro Nacional Alumni España e os I Premios Alumni USC
- A Fundación Meniños recibe o Premio Humanitas 2025
- Mesa debate coas catro candidatas á Reitoría da USC
- Primeira etapa do Xiro Grande de Santiago, do Club de Sendeirismo de Alumni USC