Acto de entrega de medallas da 3ª Carreira virtual solidaria, a favor de Cáritas

O 17 de xullo, no Claustro de Fonseca, a presidenta, Eva López Barrio, fixo entrega das medallas aos gañadores e gañadora da 3ª Carreira virtual solidaria que este ano foi a beneficio de Cáritas.

No acto, Cáritas estivo representado por Ignacio Suárez Barca, que foi testigo da entrega da medalla de ouro feminina a Ainhoa Apestegui Beriain, da medalla de ouro masculina a Antonio Vázquez Tourón, e da medalla de prata masculina a Adrián Carballeira.