Acto de sinatura do Acordo Marco entre Alumni USC e o Grupo Compostela de Universidades

O martes, 12 de marzo, tivo lugar a sinatura do Acordo Marco de colaboración entre Alumni USC e o Grupo Compostela de Universidades (GCU).

Este acto realizouse con sinatura electrónica en substitución e aforro do papel, amosando a concienciación e respecto cara o medio ambiente para favorecer a redución do impacto que supón o uso de documentación en formato físico en todo tipo de trámites, entre outros beneficios.

Tivemos o pracer de contar coa Presidenta de Alumni USC, Eva López, e a Presidenta do Grupo Compostela, Carla Martins, que asinaron nos seus ordenadores portátiles. Tamén estiveron presentes a Secretaria executiva do Grupo Compostela, Teresa Carballeira, e a Xestora Técnica de Alumni USC, Inés Toca.