Clasificación dos gañadores (categoría masculina e feminina) da 2ª Carreira Virtual Solidaria a favor de AGAELA

A fin de semana do 19 e 20 de febreiro realizouse a 2ª Carreira virtual solidaria de Alumni USC a favor da Asociación de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela). Houbo 113 inscricións e recadamos 1.046 € que entregaremos á asociación nunha cerimonia no Salón de Plenos do Consello Social xunto coa entrega de medallas aos tres primeiros clasificados na carreira. A data está por fixar.

Categoría masculina:

Medalla de Ouro- Antonio Vázquez

Medalla de Prata- Sebastián Buedo

Medalla de Bronce- Adrián Carballeira

Categoría feminina:

Medalla de Ouro- Bárbara Brinquis

Medalla de Prata- Ainhoa Apestegui

Medalla de Bronce- Laura Balboa

Parabéns aos tres mellores de cada categoría!