Conversa con… José L. Martín Palacín, presidente de Acción ADT Cuarto Mundo

O mércores 17 de xaneiro, Alumni USC comezou unha nova actividade que chamamos Conversas con… que esta vez tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación.

A presidenta, Eva López Barrio, deu paso ao presidente de Acción ADT Cuarto Mundo, José L. Martín Palacín, que foi preguntado polo coordinador do SEPIU da USC, Javier Agrafojo, baixo o título de Cidadanía e Transformación social. Martín Palacín estivo acompañado por Ángel Panero, José M. Salvado Sanín, José L. López Fontán, Mª José Rodríguez Galdo, Inés Toca e Manuel fuentes, e explicou as liñas de traballo desta ONG galega. Martín Palacín falou das orixes da entidade xa que nun primeiro momento centráronse na poboación desfavorecida, pero que na actualidade teñen outras liñas de traballo como as reunións para dialogar en torno a unha cea, actividade que chaman “Galicia a debate” ou un novo proxecto enfocado na despoboación das aldeas galegas.