Ecovisita á Casa Grande de Xanceda

A Casa Grande de Xanceda é unha granxa ecolóxica familiar ubicada en Galicia, no municipio de Mesía (A Coruña). Comprometida co medio ambiente, esta biogranxa adícase á elaboración de produtos ecolóxicos de alta calidade grazas ao coidado das súas vacas, que pacen libremente nos prados e bosques autóctonos do entorno.

O venres 10 de novembro, Alumni USC tivo o pracer de facer unha ecovisita guiada á granxa. Alí, os membros da asociación puideron alimentar co biberón a varios tenreiros de 2, 3 e 4 meses, entre outras actividades. Os asistentes tamén disfrutaron dun menú degustación dos seus produtos, unha experiencia que axudou a comprobar a súa alta calidade ademáis dos seus valores en reivindicación do medio ambiente, os animais e o rural.