Club de sendeirismo – 5ª etapa do Camiño Inglés: Betanzos – Presedo (Abegondo)

E… sí! No derradeiro sábado de novembro, o Apóstolo cumpriu o seu compromiso: nada de chuvia para percorrer os 15 km que camiñamos desde Betanzos ata Presedo.

Saímos pola ponte do Mendo, o outro río betanceiro. Cada vez que saímos, subimos. Máis o que ollamos, desde a altura, paga a pena. Xa na planicie, as canas de millo déixannos ver, ao lonxe -no castro- a igrexa de Santiago de Meangos – Abegondo. E chegamos ao Mesón Museo Xente no Camiño, de Presedo. Este Mesón Museo é unha orixinal creación de Alfredo Erias. Un artista único. Ollade a decoración, coa temática medieval dos Andrade -sempre presentes neste Camiño-.

Despois de xantar, tarde de lecer nas Travesas (Carral). Visitando Finca Villanustre, unha impresionante explotación gandeira, onde tiramos a foto de grupo.

Estamos -seguimos!- no bo camiño.