Reunión co Grupo Compostela de Universidades

O día 10 de xaneiro a presidenta, Eva López, e a xestora técnica, Inés Toca, reuníronse coa secretaria executiva do Grupo Compostela, Teresa Carballeira, nunha sesión de traballo para ver as liñas de colaboración que se poden levar a cabo.

A xuntanza foi moi fructífera xa que púdose comprobar que ambas entidades comparten tarefas e anos de vida profesional.

Na reunión acordouse que Grupo Compostela apareciese nun artículo da revista Fonseca nº 46, que se está a preparar agora mesmo, e que para comezar a traballar uniríanse esforzos para presentar un proxecto en común.

Tamén se falou de colaborar no XXX Encontro da Federación Alumni España en 2026 que se celebrará en Santiago dado que Alumni USC tamén cumpre eses anos de vida.