Reunión coa Decana da Facultade de Óptica e Optometría

O xoves pola mañá, día 1 de febreiro, a presidenta, Eva López Barrio, e a vicepresidenta, Luisa Rivas García, mantiveron unha reunión de traballo coa decana da Facultade de Óptica e Optometría da USC, María Jesús Giraldez Fernández.

Esta reunión tivo lugar co obxectivo de ver as liñas de colaboración que se poidan estreitar entre ambas institucións. María Jesús, ademais, é a coordinadora do Colexio de Decanas e Decanos e directoras e Directores de centros da USC.