O xoves pola tarde, día 1 de febreiro, un grupo de socios visitou as instalacións da fábrica de Clesa en Caldas de Reis.
Acompañados por un día soleado, o grupo desfrutou das explicacións de Cristina, responsable de Marketing, e de Amparo, xefa de calidade da empresa. Puideron ver o almacén onde se sitúan as materias primas e logo, xa dentro da fábrica, viron o proceso de envasado dos iogures que alí fan actualmente, cunha degustación final dos novos iogures supergrandes tipo grego. Ao saír, as socias e socios foron agasallados cunha bolsa con iogures variados.