Reunión con Daniel Pereira, coordinador do Servizo de Formación e Cooperación da Universidade de Oporto

O luns 29 de Abril, a presidenta Eva López reuniuse con Daniel Pereira, Coordinador do Servizo de Formación e Cooperación da Universidade de Oporto, un dos servizos máis recentes da Facultade de Ciencias da mesma universidade.

Na reunión, ambos conversaron sobre a maneira de traballar de ambas organizacións, falando tamén de experiencias e dando mutuos consellos. Pereira expresou tamén o seu desexo de reunirse con outros ámbitos da nosa universidade, como a Área de Orientación Laboral e Emprego.