O venres, 17 de setembro, a promoción de Dereito 1965-1970 celebrou as vodas de ouro con Alumni USC. Esta promoción tivo que anular a celebración o ano pasado por mor da pandemia que estamos a vivir.
A Comisión organizadora estivo formada por: Filomena Casal Gómez, Luis González Guitian, Juan Carlos González Nieto, Luis Montero Luna e José Rodríguez Yebra.
Os actos comezaron o xoves 16 de setembro cunha visita ao Recanto da Saudade onde viron a placa conmemorativa do aniversario. O evento continuou o venres 17 de setembro cun acto no Paraninfo da actual Facultade de Xeografía e Historia pero que foi o lugar onde eles estudaron a súa carreira. Estiveron presentes no acto a decana de Dereito, Ana Gude Fernández, o representante de Alumni USC, Jesús López Romalde e o representante do alumnado da promoción, Juan L. Montero Luna.
O grupo visitou o Pórtico da Gloria e despois rematou a celebración cun xantar no restaurante do Hotel Monumento San Francisco.