Vodas de prata de Medicina 1989-1995

Os antigos/as alumnos/as da promoción 1989-1995 de Medicina que o ano pasado celebrarían o 25 aniversario da súa licenciatura, pero que, por motivo da pandemia, tiveron que suspender os actos programados, festexaron o sábado 16 de outubro a súa volta ás aulas de Compostela.

O Comité organizador, representado por Jesús J. Suárez Martínez, está formado tamén por: Federico Martinón Torres, Elías Rodríguez Czplicki e Carlos Villar Blanco.

A xornada comezou ás 12,30 h cunha visita ao Recanto da Saudade para ver a placa conmemorativa. Despois fixéronse unha fotografía de grupo nas escaleiras da Facultade de Medicina, e despois, xa no Salón de Actos da Facultade, tivo lugar un acto no que estiveron presentes o decano do centro, Julián Álvarez Escudero, o representante de Alumni USC, Francisco Barreiro Morandeira, coordinador de Alumni USC no centro, o representante do profesorado Alejandro Novo Domínguez  e os representantes do alumnado da promoción, Gema Rodríguez TrigoeJosé Luis Fernández Fernández. A xornada remata cun xantar no restaurante do Hostal dos Reis Católicos.