Aniversarios (Vodas de Ouro e de Prata)

Alumni USC colabora coas promocións que o solicitan na organización de aniversarios memorables como son as Vodas de Ouro e de Prata. Ademais dos actos nas respectivas facultades ou escolas, os participantes sempre fan unha visita ao “Recanto da saudade”.

Este proxecto, idea do Dr. Sixto Seco, iniciouse en Santiago de Compostela en 2006. É un espazo do Campus Vida e está representado por monólitos de pedra granítica nos que as distintas promocións colocan unha placa conmemorativa do evento.

E no lucense Campus Terra, a creación do “Recanto da saudade” data de 2015, cando se colocou un monólito de xisto, coincidindo coas Vodas de Prata dalgunhas promocións.

O “Recanto da saudade” converteuse ao longo dos anos nun símbolo da unión de por vida das persoas que estudaron na USC coa Universidade e coas cidades de Santiago de Compostela e Lugo onde pasaron unha etapa memorable das súas vidas.