A presidenta de Alumni USC, Eva López, xunto co vogal Modesto Gómez, presentaron ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, o programa do encontro Alumni ES 2026.
Este encontro reúne cada ano asociacións de antigas alumnas e alumnos e amizades das universidades españolas. Nesta edición, será un privilexio e tamén un reto para Alumni USC, que asumirá a organización do evento, previsto para o mes de outubro en Santiago de Compostela.
Trátase, ademais, dun ano moi especial, xa que tanto Alumni ES como Alumni USC celebran 30 anos de traxectoria. Un fito significativo que amosa a solidez e o compromiso do movemento asociativo coa comunidade universitaria e coa sociedade.