Conferencia na Facultade de Dereito sobre o réxime económico do matrimonio e a súa posible modificación

A Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 12 de marzo, ás 19:00 horas, unha conferencia titulada «O réxime económico do matrimonio, unha posible modificación».

A sesión estará impartida polo doutor en Dereito e exconselleiro da Xunta de Galicia, Xesús Palmou Lorenzo, quen ofrecerá unha intervención de carácter introdutorio e aberta a todos os públicos. A presentación correrá a cargo da avogada e vicepresidenta de Alumni USC, Luisa Rivas García.

A actividade pretende achegar ao público unha visión clara e accesible sobre o réxime económico matrimonial e as posibles modificacións no seu marco normativo, promovendo a reflexión e o debate arredor dun asunto de interese xurídico e social.