O 26 de setembro de 2025, a promoción de Veterinaria celebrou as súas vodas de prata cun emotivo encontro conmemorativo na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, vinte e cinco anos despois da finalización dos seus estudos. A xornada reuniu a numerosas persoas tituladas da promoción, que tiveron a oportunidade de reencontrarse, compartir lembranzas da súa etapa universitaria e fortalecer os vínculos creados durante aqueles anos.
O programa de actividades incluíu o descubrimento dunha placa no Recanto da Saudade, como símbolo da pegada deixada pola promoción na facultade, así como unha xuntanza nas instalacións do centro. No acto participaron a presidenta da promoción, Eva López Barrio, membros do equipo decanal e representantes do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, que quixeron acompañar ás persoas asistentes nesta celebración tan significativa.
