Club de sendeirismo: Camiño Portugués pola costa, 6º etapa

O sábado 30 de setembro o Club de sendeirismo realizou a 6ª etapa do Camiño Portugués pola costa.

Nesta ocasión o roiteiro iba de Redondela a Pontevedra, sendo 19 km.

Aos 9 km houbo un punto de recollida intermedio en Sotomayor para os que non quixeron facer todo o camiño, como ven sendo habitual as últimas veces. Xantaron no Hotel Palace de Pontevedra.

Despois do xantar como visita cultura acudiron á Illa das Esculturas, situada cerca da desembocadura do Río Lérez en Pontevedra, un lugar no que, con motivo do Ano Santo Xacobeo 1999, unha ducia de artistas de talla internacional deixaron o seu selo persoal en forma de obras escultóricas e onde a pedra xoga un papel protagonista.