Inauguración oficial do curso 2023-2024 na Universidade de Vigo

O día 8 de setembro inaugurouse o curso 2023-2024 na Universidade de Vigo, acto ao que asistiu en representación de Alumni USC, a nosa vicepresidenta, Luisa Rivas García.

No acto estiveron presentes, o presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda, o reitor da USC, Ángel López, a presidenta do Consello Social da USC, Cecilia Sierra, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel J. Reigosa, o presidente do Consello Social de Vigo, Ernesto Pedrosa, o reitor da Universidade de A Coruña, Julio E. Abalde e o presidente do Consello Social da Universidade de A Coruña, Antonio Abril.

Na foto a nosa vicepresidenta, Luisa Rivas, xunto co reitor da USC, Ángel López, o exreitor da USC, Juan Viaño, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel J. Reigosa e Juan Lema.