XXVIII Asemblea Xeral Ordinaria e unha Extraordinaria

O día 19 de xullo tivo lugar ás 19:00 h en segunda convocatoria, a XXVIII Asemblea Xeral Ordinaria e a continuación unha extraordinaria, no salón de actos da Facultade de Filosofía.

Na Asemblea Xeral aprobáronse as actas das Asembleas de 2022, o Informe da Presidenta, a Memoria 2022 que se pode consultar na páxina en liña (en actividades), o Informe económico de 2022, o Orzamento 2023, o novo logo, o Plan de Comunicación, o Plan de Formación e un evento que terá lugar o 29 de setembro no Salón Nobre de Fonseca que titulamos ” A Universidade despois da Universidade” e que pretende reunir en Santiago ao antigo alumnado relevante a nivel político e social.

Na Asemblea Xeral Extraordinaria aprobouse a incorporación do vicerreitor da equipa de Goberno actual da USC, Gumersindo Feijoo, socio, á directiva con voz pero sen voto.

Os membros da Xunta Directiva asistentes fixéronse unha fotografía ao saír.