O salón de actos da facultade de Filosofía acolleu a presentación do libro Contra el mar y el viento de Santiago Llovo Taboada. A presidenta de Alumni USC, Benita Silva, abriu o acto e o socio e mariñeiro Roberto Almuiña presentou o escritor. Llovo describiu o seu libro con detalle e rendeu unha homenaxe ao Arquivo Histórico da USC, onde se documentou e que é resulta descoñecido para a sociedade en xeral. A directora deste Arquivo convidou os asistentes a interesarse polos documentos que alí se gardan. Tras a exposición do escritor houbo un ameno debate entre os asistentes.
Talvez che poida interesar tamén
-
A EPSE do Campus Terra celebra a graduación do seu alumnado de Enxeñaría
13 Xullo, 2026
-
Alumni USC reforza os lazos co movemento alumni ibérico no 36.º aniversario da Asociación de Antigos Alumnos da Universidade de Aveiro
10 Xullo, 2026
-
Jacinto Ruiz Valentín presenta en Alumni USC a novela «El hijo de la roca y del fuego», unha viaxe ás orixes da humanidade
10 Xullo, 2026

