Camiño a Fisterra

Club de sendeirismo: camiño de Fisterra a Muxía

O club de sendeirismo completou o 2 de abril a súa quinta etapa do Camiño de Santiago, cuxo traxecto estaba comprendido entre Fisterra e Muxía. Os 17 kilómetros desta ruta pasan polas localidades de A Grixa, Quintáns, San Martiño de Ozón (onde se atopa un dos tres hórreos máis grandes de Galicia) e Merexo....

Ler máis

12ª etapa do Camiño de Inverno

O Club de sendeirismo continuou co Camiño de inverno o día 16 de outubro, sábado. Están a piques de concluir o Camiño de Inverno e  segue a maxia. http://www.caminodeinvierno.com/content/8%C2%AA-etapa-laxe-ponte-ulla-333-km Chegaron á Ponte Ulla, logo de andar por Bandeira,Vilariño, Dornelas, O Seixo… En San Miguel do Castro  atoparon  ao vello pai Ulla e  case camiñaron...

Ler máis

11ª etapa do Camiño de Inverno

O Club de sendeirismo retoma o roteiro do Camiño de inverno o  día 2 de outubro. Etapa XI.  Lalín/ Silleda. 16 km. Saíron da capital do cocido – e terra natal  do aviador Joaquín Loriga e  do astrónomo Ramón María Aller – polo paseo do río  Pontiñas. Mesturando asfalto e terra, pasamos  a mítica...

Ler máis

9ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 26 de setembro, o Club de sendeirismo retomou o Camiño de Inverno, co percorrido da etapa Monforte-Fontela (San Lourenzo de Fión). Foron 16 quilómetros camiñando por sitios e lugares entrañables na toponimia galaica: A Vide, Moreda, A Broza, Piñeiro…e o espectacular pazo do Reguengo, cheo de vitalidade. Saíron de Monforte, andaron por...

Ler máis

8ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 18 de xullo de 2020, o Club de sendeirismo proseguiu o Camiño de Inverno co percorrido da oitava etapa. Un total de 13 km desde Pobra de Brollón ata Monforte de Lemos. A andaina completouse coa visita cultural á exposición fotográfica de Alumni USC “Camiño de Inverno: de Ponferrada a Compostela” na...

Ler máis

7ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 27 de xuño de 2020, o Club de sendeirismo retomou o Camiño de Inverno co percorrido da sétima etapa. Un total de de 16 km, desde Quiroga ata Barxa de Lor. A andaina complementouse coa visita cultural das Covas do Medo en Margaride de Lor....

Ler máis

6ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 7 de marzo de 2020, o Club de sendeirismo percorreu a sexta etapa do Camiño de Inverno. Un total de 19 kms, desde Alvaredos ata Quiroga. Durante o percorrido, realizaron dúas visitas: pola mañá, ao muíño de aceite de Bendilló e, pola tarde, ao Museo Etnográfico Municipal de Quiroga....

Ler máis

5ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 15 de febreiro de 2020, o Club de sendeirismo percorreu a quinta etapa do Camiño de Inverno. Un total de 18 kms, entre O Barco de Valdeorras e Albaredos (Quiroga), cos que deixou atrás a provincia de Ourense e se adentrou en Lugo....

Ler máis

4ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 25 de xaneiro de 2020, o Club de sendeirismo percorreu a cuarta etapa do Camiño de Inverno, desde a Ponte de Domingo Flórez ata o Barco de Valdeorras....

Ler máis