Vodas de prata Medicina 1990-1996

O sábado 23 de outubro un grupo da promoción 1990-1996 de Medicina festexou as súas Vodas de prata.

A Comisión organizadora encabezada por Alexandre García Caballero, estivo formada tamén por Javier Paz Esquete e Carlos Peña Gil

O programa do día incluía unha visita ao Recanto da Saudade, no Campus Vida, para ver a placa conmemorativa, e despois o grupo foi á Facultade para facerse unha fotografía e logo tivo lugar o acto académico que contou coa asistencia do decano do centro, Julian Álvarez Escudero, o representante de Alumni USC, Jesús López Romalde, o representante do profesorado da promoción, Ángel Carracedo Álvarez, e Moisés Moreira Pacheco como representante do alumnado da promoción.

Remataron a xornada cun xantar no restaurante do Hostal dos Reis Católicos.