XXX Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria

O día 9 de xullo, celebráronse dúas Asembleas Xerais- a XXX Asemblea Xeral Ordinaria e unha Asemblea Xeral Extraordinaria.

Ás 18:30 h en segunda convocatoria, no Salón de actos da Facultade de Ciencias Políticas do Campus Vida (Sur) Alumni USC celebrou a súa XXX Asemblea Xeral Ordinaria onde aprobáronse a acta da Asemblea Xeral Ordinaria de 2024, o Informe da Presidenta que facía un repaso polas actividades de 2024, a Memoria económica de 2024 e o Orzamento de 2025. Na Asemblea Xeral Extraordinaria aprobáronse: a dimisión do tesoureiro, Enrique López, a quen se lle brindou un merecido aplauso e se agradeceron os seus anos ao cargo da Tesouraría e os novos cargos motivados por esta dimisión: a tesouraría pasa a mans de Carmen Casado, antiga secretaria da Xunta Directiva e o cargo de secretario pasa a mans de Víctor A. García; aprobouse tamén o nomeamento de socia de honra a Cecilia Sierra, presidenta do Consello Social da USC, e o cambio de denominación da entidade: a partires de agora será Asociación do Antigo Alumnado e Amizades da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC).

No informe da Presidenta, anunciouse a xubilación da Xestora Técnica, Inés Toca, para o 27 de setembro, tras mais de 22 anos de servizo a Alumni USC, a quen lle agradecerona a súa dedicación, e tamén anunciouse o nome da súa sustituta: Isabel Pintos Barral que se incorporará o 1 de setembro.