Club de sendeirismo- Ofrenda ao Apóstolo

O domingo 12 de decembro, un grupo de socias e socios e o Club de sendeirismo asistiron á Catedral de Santiago para a Misa de 12:00 h na que o exreitor Juan Viaño fixo unha Ofrenda ao Apóstolo polo remate do Camiño de Inverno que comezaron en Ponferrada. A presidenta, Benita Silva, quixo sumarse a esta actividade.

Durante o evento a Escolanía interpretou varias pezas musicais e ao remate da misa cantaron dúas panxoliñas.

Alumni USC fixo posible que O Botafumeiro deleitase aos presentes.