Conferencia do catedrático de Matemática Aplicada da USC, Juan Viaño Rey

O día 14 de outubro, na Casa do Saber do Campus de Lugo, Juan Viaño Rey, exreitor da USC, pronunciou a conferencia titulada “As matemáticas da miña vida para curiosos e afeccionados”.

O grupo de socios tivo a sorte de desfrutar das explicacións do profesor Viaño sobre as matemáticas. Na conferencia estivo presente tamén o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga López; por parte de Alumni USC fixo a presentación o vicepresidente Carlos Herrero Latorre.