Na Facultade de Filoloxía da USC tivo lugar onte, 15 de Maio, a charla “A travesía vital da educadora heroica María de Maetzu Whitney”. Esta conferencia foi presentada pola presidenta de Alumni USC, Eva López, e pronunciada por María Curros. Está tamén baseada na tese desta última que, a día de hoxe, é a única tese en España sobre a educadora.
María Curros deleitounos cun discurso moi completo sobre Maetzu, explicando a súa vida, a súa relación coa educación dende moi pequena, a súa brillantez académica, traballo con familias marxinadas, estudos en diversos países, ou o traballo na Residencia de Señoritas e abogación polo movemento feminista entre outros moitos sucesos e logros da súa vida, sendo nomeada honoris causa en diversas universidades do mundo.
Dende Alumni USC, agradecemos a María Curros por dedicarnos o seu tempo e polo seu espléndido traballo.