O venres 25 de novembro tivemos a sorte de poder contar co catedrático de Bioloxía e Xeoloxía e experto na vida microscópica, Antonio Guillén Oterino, que nos acompañou nun coloquio sobre a vida invisible que habita na auga.
Na mañá do venres, os participantes da actividade pasearon polas beiras do río Sar, non só co fin de gozar da paisaxe, senón tamén tomando mostras da auga das súas ribeiras, para ser posteriormente analizadas no laboratorio de microscopia programado no serán no auditorio da Facultade de Filosofía.
Antonio Guillén, que na actualidade ademais de desempeñar a súa labor científica exerce como profesor de Secundaria, considérase tamén, segundo comentou nunha entrevista coa revista Spoonful, un “apaixonado defensor da natureza”, sentimento que lle intenta transmitir ás novas xeracións. Este afán por compartir o valor da divulgación científica deu os seus froitos, xa que Iván Hervías Rodríguez, Marcos Ochoa and Sergio Pascual, algúns dos seus alumnos, foron premiados no Google Science Fair do 2012, certame internacional organizado por Google, National Geographic e a Scientific American, no que participaban máis de 100 países, polo proxecto coordinado polo profesor Antonio Guillén (La vida oculta del agua).
Somos afortunados, por desfrutar desta visita excepcional!