![](https://www.alumniusc.gal/wp-content/uploads/2022/05/Agustin-y-Alcalde-Santiago.jpg)
O martes 3 de maio, Agustín Pena, presidente da Asociación Alumni USC, reuniuse con Xosé Bugallo, alcalde da cidade compostelá. Recibiuno no pazo de Raxoi, onde conversaron sobre as distintas actividades da nosa asociación. O Alcalde comprometeuse a dar unha charla sobre a cidade para Alumni USC.