Reunión co Presidente do Parlamento de Galicia

O día 20 de xuño a presidenta, Eva López Barrio, a vicepresidenta, Luisa Rivas García, o tesoureiro, Enrique López Lorenzana, e os vogais. Teresa Bouzada Gil e Modesto Gómez Rodríguez, foron recibidos polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, que tamén é socio de Alumni USC.

Durante a reunión estableceronse lazos de colaboración que permitirán que Alumni USC teña un apoio máis institucional e planearonse accións futuras en perfecta sintonía entre ambas institucións.