Santiago,19 de setembro: A Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela acolleu o pasado sábado a celebración das Vodas de Prata da promoción 1995-2001, un encontro no que participaron 84 alumni que regresaron á súa facultade para conmemorar os 25 anos da súa graduación.
O acto contou coa presenza do actual decano da Facultade de Medicina, a nosa vicepresidenta e dous profesores eméritos moi queridos, que impartiran docencia naquela promoción e que foron recibidos cun cálido aplauso por parte dos asistentes.
Durante a xornada, descubriuse unha placa conmemorativa no Recanto da Saudade, espazo simbólico dedicado á memoria e á gratitude das distintas promocións. Este momento, cargado de emoción, serviu como homenaxe ao vínculo académico e humano que mantén unido ao grupo desde hai un cuarto de século.
Tras o acto institucional, os alumni reuníronse nas instalacións da facultade para compartir lembranzas, reencontrarse con antigos compañeiros e poñerse ao día. A celebración continuou cun xantar de confraternidade, seguido dunha sobremesa na que se sucederon as anécdotas, as risas e os recordos dos anos de formación.
A xornada rematou cun ambiente de fonda camaradería, reforzando os lazos dunha promoción que continúa viva e unida, e que volveu demostrar o seu afecto pola USC e pola Facultade de Medicina.

